martes, 28 de julio de 2009

PARTICIPA: HARRY POTTER 3

Que relación une a: Sirius Black, Bellatrix Lestrange e Narcisa Malfoy?


lunes, 27 de julio de 2009

SOLUCIÓN HARRY POTTER 2


A moto pertencía a Sirius Black.

Xa neste primeiro libro mencionaban ao padriño de Harry, ao que logo incriminan na morte dos seus pais.


domingo, 26 de julio de 2009

HP Y EL MISTERIO DEL PRÍNCIPE

Fostes xa ver a peli??
Seguro que moitos de vós si.
Pois, comentádenos, dicídenos se vos gustou, se era o que esperabades, que foi o que máis vos impactou,... por que nos gusta tanto Harry Potter a todos? ... cousiñas. Logo falamos.
Mentras aquí vos deixamos outro avance, para os que todavía non a viron.

lunes, 13 de julio de 2009

PARTICIPA: HARRY POTTER 2

Cando o Director de Howarts, Albus Dumbledore, vai entregar a Harry aos seus tíos, os Dursley, (Harry Potter e a pedra filosofal), Hagrid chega co bebé nunha gran moto.

Saberedes quen lle presta a Hagrid a moto na que trae a Harry sendo un bebé para entregalo aos seus tíos, despois da morte dos seus pais a mans de Lord Voldemort?
















SOLUCIÓN HARRY POTTER 1

Estades no certo, "Harry Potter e o misterio do Príncipe", é a entrega número seis dentro da saga de Harry Potter.
1. HP e a pedra filosofal
2. HP e a cámara secreta
3. HP e o prisioneiro de Azkaban
4. HP e o Cáliz de lume
5. HP e a Orden do Fenix
6. HP e o misterio do príncipe
7. HP e as reliquias da morte
Moi ben!!
Pero, esta era moi fácil, a seguinte máis difícil.

lunes, 6 de julio de 2009

PARTICIPA: HARRY POTTER 1

Xa está aquí!
O 15 de xullo, xa non falta nada.
"Harry Potter y el misterio del príncipe"



Pero, saberedes que número fai esta entrega na serie de Harry Potter?

domingo, 5 de julio de 2009

XOGOS PARA O VERÁN

Durante o verán iremos propoñéndovos distintas actividades, xogos, aventuras,... se queredes podedes darnos algunha idea. Escribídenos!!
Hoxe temos dous xogos:
"Y comieron felices", unha iniciativa de Médicos sin fronteras, vede o vídeo antes de empezar a xogar.
"Xoga con fervello", iniciativa da Consellería, para nenos e nenas de 3 a 5 anos.

sábado, 4 de julio de 2009

REVISTA "GALIMATÍAS"


Gústanvos os cómics?

Aínda que esta recomendación vai dirixida a un público un pouco máis maior, 16-18 anos, ao mellor a algún, nestos días de verán, resúltalle interesante.

A editorial compostelá El Patito presentou o día 3 de abril a súa nova revista de cómic, "Galimatías". A publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do seu programa Bocaberta, e distribúese de maneira gratuíta con EL CORREO GALLEGO para toda Galicia.

No primeiro número de Galimatías preséntanse dúas series, Amor inmortal, de Fran Bueno, con guión de Jay Faerber, que narra a historia dun detective de policía e a súa moza, que se converte en vampiro; e Terragótica, unha idea orixinal de Fausto, que é guionista e colorista, con debuxos de Macaco, que conta a aventura de dous adolescentes que intercambian as súas vidas en mundos paralelos, o noso e outro fantástico que se coñece como Terragótica.