lunes, 2 de noviembre de 2015

Con "ou" de outono

Esta semana, despois das festas de Samaín e en vésperas do magosto iniciamos o primeiro taller de expresión escrita deste curso. Empezaremos a actividade mañá martes no recreo e se poderá continuar con ela durante esta semana e a próxima.
A actividade leva por título Con "ou" de outono. Por que ese título? Hai moitas palabras que levan o ditongo "ou" no noso idioma, o galego, e aproveitando que estamos no outono imos publicitalas. A tarefa é sinxela, haberá que pensar ou buscar no dicionario palabras en galego que teñan o ditongo ou (podemos empezar coas que comezan por ou, que é máis doado). 
Xa temos a palabra, e agora que? Na biblio haberá fotocopias de follas de árbores nas cores típicas do outono. Escollede unha na que escribir a palabra e logo a recortades. Con esa palabra formaredes unha oración en galego na que pegaredes a folliña recortada coa vosa palabra, como se fose un pictograma. Iremos pegando as vosas oracións con "ou" de outono para que todo o mundo poda velas e se anime a participar.

No hay comentarios: