domingo, 22 de marzo de 2015

DECORACIONS PRIMAVERAIS POLA PASCUA NA BIBLIO DE MARGARIDA

No obradoiro de manualidades dos recreos, estivemos facendo unas grilandas moi chulas con motivos primaverais que decorarán os teitos da nosa biblio. Quedaron preciosas e así de ben lucen na biblio!

CONCURSO DAS MULLERES ARTISTAS: ÚLTIMAS PREGUNTAS

Isto vai chegando ao seu fin. Abride ben os ollos e respondede con xeito:

1. QUEN É A AUTORA DA OBRA "CO XENIO DESTROZADO"? QUE TIPO DE OBRA É?

2. QUE AUTORA "COCIÑA HISTORIAS"? NOMEA ALGUNHA DAS SÚAS OBRAS

Grazas por participar!! Estade atentos, en breve daremos o nome dos gañadores.

domingo, 15 de marzo de 2015

CONCURSO MULLERES ARTISTAS 2

Seguide pescudando nos murais da entrada e respondede:


1. QUE ARTISTA É A DUODECIMA PERSOA MÁIS RICA DO  REINO UNIDO? POR QUE É TAN RICA?

2. QUE MULLER DESCUBRIU A SÚA ARTE PASANDO MOITO TEMPO POSTRADA NUNHA CAMA?

sábado, 14 de marzo de 2015

UNHA FAMILIA CHEA DE ARTISTAS

Os Apolos e os Sapiens estamos moi emocionados porque comezamos un novo proxecto coas familias. Este ano, aproveitando o tema da arte que estamos a traballar no centro, creamos un portfolio para os nosos pequenos artistas que irá a casa de xeito semanal para que os peques e as súas familias fagan unha obra de arte: pintura, escultura ou arquitectura, que logo traerán ao cole e que formará parte da exposición final que faremos ao rematar o curso. Para facilitar o traballo creativo as familias os nen@s, ademais do portfolio con información e soporte papel, tamén incorporamos un maletín con diverso material que se pode empregar para enriquecer as creacións. Pero, ademais desta parte máis plástica, tamén propuxemos as familias unha parte máis artística, a semana seguinte de levar a maleta convidanos a familiares e amigos dos peques a que se acheguen a nosa aula e nos amosen algunha das súas destrezas artísticas. Esta é unha actividade voluntaria onde as familias pódennos contar contos, facer unha manualidade, tocar un instrumento, facer un taller de cociña… Buscamos abrir a nosa aula as familias para que poidan compartir connosco o placer que supón poder traballar a diario cun nen@s tan receptivos. Aquí vos deixamos un wix con máis información sobre o proxecto.

http://nivecaro.wix.com/familia-artistas

miércoles, 11 de marzo de 2015

MULLERES ARTISTAS

Estes días podedes visitar a nosa exposición de mulleres artistas. Así celebramos o 8 de marzo no colexio, cunha exposición na que colaboraron todos os nenos e nenas do colexio. Grazas a todos/as por darnos a coñecer a estas artistas tan interesantes!!



lunes, 9 de marzo de 2015

CONCURSO "MULLERES ARTISTAS"

Coma sabedes para celebrar o Día da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo, cada aula do cole investigou e preparou un mural sobre unha muller artista. Tedes todos eses traballos na entrada da biblioteca e para que saibades máis vos propoñemos un concurso.


Debemos facer equipos de ata un máximo de 4 nen@s formados por nen@s de diferentes idades, poñédelle un nome ao voso equipo e a xogar.
Tedes que buscar a resposta correcta no mural. Cada semana faremos duas preguntas e usaredes os comentarios para responder.
Moita sorte a  todos.

PRIMEIRAS PREGUNTAS


1. QUE ARTISTA TIVO UNHA VIDA MOI TRÁXICA QUE ACABOU EN TOLEMIA POR UN AMOR NON CORRESPONDIDO?

2. QUE ARTISTA TEN A SÚA OBRA TOTALMENTE MARCADA POLA COR VERMELLA?

Moita sorte a tod@s